sábado, 22 de marzo de 2014

A AUGA E O 22 DE MARZO


Estamos traballando a unidades didácticas da auga e da atmosfera. Xa sabemos moitas cousas interesantes sobre a auga e os fenómenos meteorolóxicos que teñen lugar na atmosfera. 

Hoxe a Organización das Nacións Unidas (ONU) convócanos a recordar a importancia da auga. As celebracións lévanse a cabo en todo o mundo a partir dun tema anual. Este ano elixiron: Auga e Enerxía.
A relación entre a auga e a enerxía non a entendemos moi ben. Pero o noso propósito é traballar, durante o próximo trimestre, neste tema e investigar con experimentos, xogos, curiosidades, a factura da luz, reflexionando sobre os diferentes usos que facemos do auga, etc; e así descubrir por que as nosas avóas dinnos…  Filliño, pecha a billa!

Comezamos realizando nos equipos uns murais. Aquí están algunhas fotografías do momento.

    

 


Ademais estamos a traballamos co libro dixital da Axencia do Auga da Consellería de Ordenación do Territorio da Xunta de Castela- A Mancha. Pretendemos adaptalo a nosa localidad investigando e recollendo información a partir da observación directa da nosa contorna (encoro das Forcadas, lagoa de Doniños e Valdoviño, Xardín Temático AquaCiencia do Parque Raíña Sofía…).


Picamos nas  imaxes

Agora dispoñémonos a xogar e a aprender con algunhas das seguintes animacións.

A auga é un recurso natural renovable, pero limitado e mal distribuído.
Descobre as razóns desta afirmación nesta película de 10 minutos.

Fonte naturgaia.net 

Coñeces as capas da atmosfera?, Cales son as principais actividades humanas que contaminan a troposfera?  Descobre todo isto e máis.

O reto da auga. Coñecemos todos os trucos para aforrar auga na casa.



O recurso máis importante para os seres vivos deste planeta. 
A auga un ben común.



Precipitacións e pluviómetro


Variables meteorolóxicas



Traballamos co dicionario?


MEU  FILLIÑO, PECHA A BILLA

2 comentarios:

  1. Que boisimos recursos para traballar a auga! Gárdome os que non teño, Dolores. Unha gran aperta.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ana, agora sería xenial que as medidas de aforro do auga levásenas adiante.Unha aperta

      Eliminar