sábado, 16 de junio de 2012

FELICES VACACIONES

Los niños de 3º B nos despedimos. ¡Comenzamos en unos días las merecidas vacaciones de verano!

Estos últimos días hemos reflexionado sobre lo que ha representado para nosotros este curso escolar.

Hemos llegado a la conclusión que para nosotros es muy importante intentar  escucharnos con respeto, apoyarnos  y aprender unos de otros.

Uno de los rasgos de nuestra clase es la amistad que existe entre los compañeros y compañeras de clase. El apoyo que nos brindamos y la alegría con la que nos relacionamos es casi una constante realidad.

Nuestra tutora nos propuso que hiciésemos una autoevaluación, si fuese posible con nuestros padres. ¡A los que les debemos agradecer su paciencia y esfuerzo en acompañarnos cada día! ¡Gracias por vuestro apoyo y por el compromiso demostrado con nuestra educación!


AUTOEVALUACIÓN DEL CURSO
PULSAR EN LA IMAGEN

Ella no nos recomienda un trabajo concreto para este verano. Considera que el disfrutar con los amigos, la familia, de los juegos al aire libre… es lo ideal para seguir aprendiendo.

Solamente nos propuso que visitemos las librerías, las bibliotecas públicas, los teatros…

Pero insiste en que trabajemos el cálculo matemático. ¡No sea que nos olvidemos de dividir!
También que leamos mucho. Recordamos ¡Si vas de viaje, mete un libro en tu equipaje!

Ella buscó por las librerías y decidió no aconsejarnos unos libros concretos. Considera que nosotros debemos elegir.
Para ello se sumergió en la inmensa red y nos deja algunos enlaces para que nosotros encontremos esos libros especiales que nos harán crecer.

¿QUÉ QUIERES LEER?  ELIGE

PARA NIÑOS DE 8- 12 AÑOS






PAR LOS   PADRES

Llega el mes de julio y con él las vacaciones de los niños. “Sapos y princesas” es una compañía que recoge en toda España planes para padres y niños, de 0 a 12 años, cuyo objetivo es que el tiempo de ocio familiar sea divertido.  Estéis en la ciudad que estéis os ayudan a planificar actividades interesantes para toda la familia. Organizada por zonas de España, os puede ayudar durante vuestros viajes estas vacaciones.
PULSAR EN LA IMAGEN

Ya vamos  a  cambiar  el uniforme por el bañador, el portátil por la pala y el cubo… ¡Esto es lo que es lo ideal para volver con fuerza y energías renovadas el próximo curso!

jueves, 14 de junio de 2012

AVALIACIÓN DA NOSA BIBLIOTECA


Achégase o remate de curso e imos facer unha avaliación da nosa biblioteca de clase.


Decidimos que non imos destacar aos máis lectores, nin aos que máis libros trouxeron á biblioteca.
Consideramos que non participamos nun concurso. Cremos que á lectura non nos debemos achegar por obriga, que se debe gozar con ela.

A maioría de nós lemos uns 8 libros por trimestre!
Tamén algún comprobamos que non nos aproximamos moito á biblioteca!

Debémonos felicitar pois todos os libros se coidaron moito, divertímonos, aprendimos e compartimos lecturas!!!
Tamén respectamos as normas básicas que nos propuxemos. As recordamos.


 PREMER NA IMAXE.

Estamos de acordo coas razóns que Victoria encontrou para ler.

( Victoria Fernández- Revista CLIJ)

      
Chega o momento da despedida. Recoméndovos este libro “Contos en cantos”.
De Almudena Janeiro
20 €/978-84-9871-047-2
Libro + CD + DVD 

Encontraredes moitas cancións a partir dos contos de OQO (A princesa do Caurel, Paco panpán, Corre corre cabaciña, Chocolatada…).
 A editorial OQO e Almudena Janeiro convirten en canción doce historias desta editorial que publicou “Contos do camiño” que traballamos este curso.
Este libro-CD-DVD pretende que nos acheguemos a outras culturas a través do idioma galego.
Conta con moitos recursos: karaoke, xogos, dramatizacións, danzas sinxelas…
As cancións están interpretadas por Almudena Janeiro, acompañada por frauta, guitarras, cascabeis…

 PREMER NA IMAXE.

Aquí deixamos, para facer boca,  a canción “Chocolatada” de Almudena Janeiro, a partir do álbum de Marisa Núñez e Helga Bansch   Disfutádea!
Cunha hipopótama, cuns velliños, cun elefante gris con lunares morados, cunha formiga negra… percorreredes o mundo contando trece contos de diferentes lugares e cantando: bossa nova (Brasil), sirtaki (Grecia), tango (A Arxentina), rock & roll e outras melodías de diferentes tradicións do noso planeta.

Este é o conto.

A hipopótama Chocolata toma diariamente e seu baño na lagoa. O mono Teófilo conta que na cidade hai unha casa de baños, e decide viaxar ata alí para probala.
Pola súa infantil mirada recoñece os diferentes hábitos da grande cidade, e vive outro estilo de vida.
Merca moitas cousas e ao volver a casa, desfaise de todo o que mercou, decatándose do que de verdade é importante desprenderse do que non necesita.
Un relato cheo de humor, optimismo, amizade…
OUTRO VÍDEO DAS CANCIÓNS 
“CONTOS E CANTOS”

PREMER NAS IMAXES

                         

RECORDA
SE VAS DE VIAXE, LEVA LIBROS 
NA EQUIPAXE!!!

domingo, 10 de junio de 2012

A VELLA LULULA E ...


A Vella Lulula
“A Vella Lulula” xa chegou á TVG, que a subiu á súa web na sección de series infantís.

Os profes do Equipo de Dinamización Lingüística e os nenos do CEIP A Lama (Pontevedra) crearon esta MARABILLOSA e IMPRESIONANTE  curta de animación presentada no concurso “Nós tamén creamos” da Secretaría Xeral de Política Lingüística, OQO e a Televisión de Galicia.

O 14 do mes de maio a TVG emitiu unha reportaxe no programa A Solaina , na que recolleron a marcha da rodaxe da súa curta de animación .
Aquí vai un corte do programa no que podemos ver como foi o traballo. 

Un traballo magnífico! Os nosos parabéns!
   



O conto da editorial OQO editora
Lulula enxaboou e refregou
o seu camisón de algodón,
a súa bata de seda,
as medias de punto,
a súa saia de pana,
a súa blusa de liño,
o mantón de la,
e as súas luvas de felpa.
Aclarouno todo con auga, mirou ao ceo…
e torceu o bico:
estaba a piques de caer unha boa treboada!

Un divertido conto acumulativo cheo de fantasía. O número sete (pezas da súa coada, sete personaxes que viven no patio, sete cores do arco da vella) está moi presente neste relato.
A vella Lulula decide lavar a roupa e colgala a secala no patio, a pesar do agoiro de tormenta. Voces misteriosas do seu xardín e que aparentemente proceden da cerdeira, o patinete, o sacho, o pozo, o balancín e ata do seu papagaio e do seu can, intentan disuadila.


     

No mes de abril Xabarín  estivo de cumpreanos!
Nestes 18 anos, o porco bravo máis famoso de Galicia, foi un dos programas con máis éxito na historia da TVG. 
O galego é mundialmente coñecido polo Xabarín Clube, programa que ofrece moitas series de animación dobradas ao nosos idioma.

Desde o EEI Monte da Guía e o CEIP Sequelos de Marín iniciouse un proxecto para conmemorar o seu aniversario. Nel atoparedes música, vídeos, xogos….
Todos queremos agradecer a súa aportación á lingua galega. Os nosos parabéns!


XABALIM


Páxina oficial do Xabarín Club

    

Un conto moi coñecido para aprender que é iso da ópera!!!

Tamén aprenderemos inglés!

Recordando a nosa excursión a Aldea Nova, seguimos aprendendo das abellas.  Agora co conto "O conto da abella Ceci"

     

A GRANDE VIAXE
"Algún día, quizais dentro de pouco, construirei un barco moi grande; que flote como os barcos e tamén voe como os avións, aínda que non sexa máis que un barco; que se desprace sobre a terra e baixo a auga, como se dun barco rodante se tratase, ou dunha nave submarina"…



MOITAS GRAZAS A TODOS OS  QUE COMPARTEN OS SEUS MARABILLOSOS TRABALLOS!!!

miércoles, 6 de junio de 2012

DE EXCURSIÓN EN ALDEA NOVA

COA NATUREZA- EXCURSIÓN  EN
ALDEA NOVA!!!

O 28 de maio saímos, 3º A e 3ºB, as nove e media da mañá cara ao conxunto natural de Aldea Nova, en Narón, onde se aprenden moitas cousas relacionadas coa natureza e a cultura de Galicia.
Pasámolo moi ben nos diferentes obradoiros de: apicultura, horto e mel.
Queremos dar as grazas a : Doce, Pepa, Susana, Noelia e Pedro pola paciencia, entusiasmo e agarimo que nos demostraron. O noso agradecemento  a todos!


Recollemos agora as nosas impresións deste magnífico día, pulsando na imaxe pódense ler.

AS NOSAS IMPRESIÓNS



Seguramente o que máis nos chamou a atención foi o descubrimento da enorme importancia que teñen para o noso planeta as abellas. Tamén o ben organizadas que están e o traballadoras que son.

Aldea Nova ten un apiario ecolóxico integrado por dez colmeas e un espazo de traballo. Contan con colmeas movilistas de cristal e madeira para estudar e manexar as abellas, incidindo na creación de núcleos e no procesamento do mel e a cera.

E para aprender moitas cousas sobre as abellas recollimos estes vídeos que están moi ben.



PREMER NAS IMAXES


E xa que estamos coas abellas, por que non vemos o primeiro capítulo de LA ABEJA MAYA






AS NOSAS FOTOS
PULSAR NA FOTOGRAFÍA

   


RESPECTAMOS A NATUREZA


AS PROFESORES DIXÉRONNOS 
“SODES UNS CAMPIÓNS E FACEDES QUE NOS SINTAMOS ABRAIADAS”